Corpos de Lewy

afaga-alzheimer-demencia-cuerpos-lewy

A demencia por Corpos de Lewy é tamén coñecida como Enfermidade dos Corpos de Lewy. Caracterízase pola acumulación anormal de depósitos de proteínas denominados corpos de Lewy nas neuronas (células do sistema nervioso) en diferentes zonas do cerebro, relacionadas coa memoria, o pensamento e o control motor.

A continuación, expóñense algúns dos síntomas máis característicos e frecuentes da demencia por Corpos de Lewy, con todo, cada persoa é diferente e pode manifestar os seguintes síntomas en forma de distintas combinacións destes, así como con maior ou menor intensidade.

Alucinacións visuais

Trátase dun trastorno da percepción na cal vense cousas (obxectos, animais, persoas, etc.) que realmente non se atopan á vista da persoa. Aínda que as alucinacións visuais son as máis frecuentes, pódense dar tamén alucinacións auditivas, olfativas ou táctiles.

Trastornos do movemento (Síntomas Parkinsonianos)

Poden darse problemas a nivel motor típicos da Enfermidade de Parkinson, como lentitude nos movementos, rixidez muscular, tremores ou problemas na marcha (camiñar arrastrando os pés).

Regulación deficiente das funcións corporais (Sistema nervioso autónomo)

Algunhas funcións fisiolóxicas como a sudoración, a dixestión, o pulso e a presión arterial son regulados polo sistema nervioso autónomo, con frecuencia adoita verse afectado na demencia con corpos de Lewy poidendo provocar problemas intestinais (estreñimiento ou descomposición), mareos, caídas, entre outros.

Fluctuación na cognición

Episodios transitorios de perda de conciencia, nos cales a persoa pasará de estar alerta e consciente a un estado de confusión que pode durar horas ou incluso días. A diferenza do que ocorre na Enfermidade de Alzheimer, onde estes episodios de confusión adoitan ser máis frecuentes ó atardecer ou ó longo da noite (“Síndrome del ocaso”) na demencia por Corpos de Lewy estas fluctuacións no nivel de alerta non están asociadas a ningún momento do día en particular.

Apatía

As persoas con Demencia por Corpos de Lewy poden presentar falta de motivación e iniciativa para a realización de actividades. Desinterese por actividades que antes lles resultaban agradables.

Hiposmia

Trastorno do sentido do olfato que resulta nunha disminución da capacidade para percibir cheiros.

Trastornos do sono

Poden existir problemas na fase REM do sono, a cal comeza unha vez transcorridos 90 minutos dende o momento no que nos quedamos dormidos. Cacterízase pola presenza de movementos oculares rápidos, ton muscular reducido en todo o corpo e a propensión a soñar vívidamente.

Nas persoas coa Enfermidade de Corpos de Lewy esta fase intensifícase, poidendo chegar a unha recreación física dos soños mentras se está dormido.

Por outra parte, frecuentemente prodúcese unha maior somnolencia diurna (hipersomnia).

Depresión

Na demencia por corpos de Lewy adoita ser frecuente a aparición de síntomas depresivos como unha excesiva tristeza, falta de disfrute na realización de actividades que antes resultaban pracenteiras, problemas de soño, cambios na alimentación, perda de peso, entre outros.

afaga alzheimer imagen contacto

Precisas axuda?

Máis información?

Scroll ao inicio