AFAGA, sempre ao carón das familias

afaga alzheimer ao caron familias

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias, AFAGA, estivo activa durante toda a corentena decretada pola crise do coronavirus.

Desde o principio do illamento, AFAGA puxo en marcha un Servizo de Voluntariado para atender a persoas maiores que vivan soas, co fin de prestar todo o apoio posible. O obxectivo desta iniciativa é axudarlles en labores como compra de alimentos, medicamentos ou acompañamento a servizos sanitarios imprescindibles.

Este servizo gratuíto é levado a cabo por profesionais da asociación, así como voluntarios e voluntarias da nosa entidade.

As persoas maiores que viven soas e necesiten facer uso deste servizo, deben poñerse en contacto connosco a través do teléfono 986 22 97 97 ou no correo voluntariado@afaga.com

afaga alzheimer ao caron familias 2

Doutra banda, AFAGA habilitou unha Liña de Apoio a Familiares de Persoas con Demencia a distancia, para ofrecer axuda e consello psicolóxico aos familiares e coidadores/ as. Este servizo está dispoñible solicitándoo no seguinte correo electrónico: maxi@afaga.com. A persoa que atende é psicóloga clínica especialista en familias.

Tamén se reforzou o Servizo de Axuda a Domicilio para todas aquelas persoas que teñen familiares dependentes en casa. As auxiliares que acoden aos domicilios levan as medidas de protección establecidas nos protocolos de seguridade polo Covid-19.

afaga alzheimer ao caron familias 3

Por último, recentemente comezou un servizo de estimulación a domicilio para as persoas con demencia que aínda non poden acudir a talleres ou aos centros de día. Os nosos profesionais levan os exercicios de estimulación cognitiva e funcional ás casas das persoas que solicitan este recurso. Este servizo pódese solicitar chamando ao 986 22 97 97

afaga alzheimer ao caron familias 4

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio