AFAGA reúnese coas súas socias do proxecto LongSocial na sede de CISAM en Portugal

captura de pantalla 2024 11 26 a las 13.44.30

O medio transfronteirizo Diario LusoGalaico fíxose eco o pasado 24 de outubro da reunión mantida na sede do Centro Interparoquial e Social do Alto Mouro (CISAM) en Parada do Monte entre AFAGA e as súas socias no proxecto europeo transfronteirizo LongSocial.

O evento tivo como principal obxectivo debater os desafíos do envellecemento nas zonas rurais, cada vez máis marcadas polo despoboamento e a fraxilidade dos vínculos familiares.

O proxecto LongSocial, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa España-Portugal Interreg VIN-A (POCTEP) 2021-2027, está integrado por AFAGA Alzheimer, Centro Interparoquial e Social do Alto Mouro (CISAM), a Asociación da Santa Casa dá Misericórdia de Melgaço e Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX).

Debatéronse temas como a xestión de roteiros para a prestación de servizos ás persoas maiores, a estimulación cognitiva e funcional e a importancia da interxeracionalidade. O obxectivo é identificar boas prácticas e solucións innovadoras para mellorar a calidade de vida das persoas maiores dependentes e promover o seu benestar.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio