- AFAGA Alzheimer realizou unha visita á asociación DOA para impartir unha charla sobre o Alzheimer dentro do seu ciclo de “Cine social”.
A asociación DOA, adicada a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das suás familias, organizou o seu ciclo de “Cine social” coa visualización de filmes como “Una historia casi divertida” y “Adú”.
Tras ver a película “Vivir dos veces”, creouse un espazo de reflexión grupal sobre a realidade do Alzheimer no que AFAGA participou xunto cos asistentes.
Dende AFAGA Alzheimer queremos dar as grazas ao equipo de DOA por invitarnos e acollernos nesta actividade, sendo unha experiencia enriquecedora para todos.