AFAGA da un paso máis cara a dixitalización grazas ao proxecto Santander Social Tech

afaga nuevas tecnologias ayuda terapeutica
  • AFAGA Alzheimer recibirá unha axuda económica de 5.000 euros destinada a adquisición de equipos informáticos para facilitar o desenvolvemento de novos programas de atención terapéutica a domicilio.

Dende a fundación de AFAGA Alzheimer, a asociación informa e orienta tanto a familiares coma a poboación en xeral acerca do alzhéimer e outras demencias. Antes da chegada de Google e cando había poucos puntos de acceso a Internet, era difícil atopar respostas sobre qué era a demencia. Na actualidade é moito máis fácil responder a estas preguntas grazas aos avances tecnolóxicos. Ademáis, nesta era dixital é moito máis fácil almacenar e xestionar a información para usala de forma adecuada.

Pero a digxitalización das ONGs como AFAGA é un proceso que non está exento de problemas. Como din Iván Rarís, actual responsable de Proxectos de AFAGA, “A xestión da información faise cada vez máis complexa. Manexas moitos datos acerca da saúde dos pacientes, datos que necesitas tratar adecuadamente porque poden dar a pauta para proporcionar unha mellor atención a esas persoas e para o que precisas, ademáis, uns niveis de protección cada vez máis elevados”

Avances na dixitalización de AFAGA Alzheimer

Santander Social Tech é un proxecto, levado a cabo pola Fundación Banco Santander, cuxo obxectivo é apoiar a asociacións como AFAGA Alzherimer no seu proceso de transformación dixital. Con esta iniciativa, sendo a súa terceira edición, se destinarán 250.000 euros a escalada tecnolóxica de máis de 50 organizacións, entre as que se inclúe AFAGA.

A asociación recibiu unha axuda económica de 5.000 euros e se empleará para adquirir equipos informáticos (tablets e ordenadores portátiles) que faciliten a atención terapéutica requerida por persoas con demencia que teñan dificultades para desplazarse aos programas presenciais que desenvolve AFAGA Alzheimer. Con estos novos dispositivos poderase abordar un enfoque moito máis personalizado no tratamento dos pacientes.

Un dos aspectos máis valorados deste programa polos beneficiarios é que non se limita a unha inxección económica. Tamen inclúe unha serie de talleres de formación para axudar as entidades como AFAGA a enfrentar os novos desafíos que supoñe a dixitalización. “As ONG solemos centrarnos no día a día e, no noso caso, nas cuestións puramente terapéuticas e de atención aos nosos pacientes. E ese foco as veces fai que descoidemos outros aspectos importantes como a comunicación ou a planificación estratéxica”, indica Iván Rarís. Os talleres, conclúe, “bríndanse unha maior perspectiva de futuro e abren os ollos hacia esas outras realidades e necesidades que te exige este entorno”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio