AFAGA Alzhéimer premia á ganadora do VII Concurso de Relatos Cortos

acto entrega de premios vii concurso de relatos cortos
  • María Caamaño López é a ganadora da categoría en galego escollida polos membros do xurado da asociación AFAGA Alzhéimer na súa VII edición do Concurso de Relato Curto.

“A avoa veu vivir con nós nada máis comezar o confinamento”, así comeza o relato “Misterios gozosos” de María Caamaño López, ganadora da categoría en galego do VII Concurso de Relatos Cortos. O 1 de xullo as 12:00 tivo lugar a entrega de premios na sala Rosalía de Castro na Diputación de Pontevedra (Vigo).

Alí recibiu o seu premio en mans de Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, Presidente de AFAGA Alzhéimer, xunto con Olga María García Ballesteros, Diputada de Cohesión Social, e Ana Laura Iglesias González, Diputada de Turismo y Juventud. No acto felicitaron a ganadora polo seu relato cargado de realidade e optimismo. Nárranos a historia de Marcos e a súa familia, confinados durante a corentena xunto a súa avoa que padece de alzhéimer ou outra demencia.

A temática escollida para este ano foi “El confinamiento y la superación personal”. En AFAGA Alzhéimer son conscientes da dureza e dificultade da situación vivida o ano pasado tanto para as familias como para as persoas con alzhéimer ou demencia. Por iso, quixeron que a temática de esta edición estivera relacionada coa actualidade e reflexase unha mensaxe chea de esperanza ante as adversidades que se viviron nesos meses.

A autora foi agasallada cun ebook, unha bolsa con regalos solidarios de parte da asociación (marcapáxinas, broche, marco de fotos, diadema, axenda e chaveiro) e un libro que recopila os relatos das edicións anteriores. Nos encantou coñecer a ganadora e dende AFAGA Alzhéimer lle desexamos o mellor na súa traxectoria como escritora.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio