- O mércores 9 de marzo impartiuse o obradoiro práctico “Coida o teu corpo e a túa mente” dirixido a persoas coidadoras e familiares.
O 9 de marzo (mércores) se realizou o obradoiro práctico “Coida o teu corpo e a túa mente” do programa de Actividades psicoeducativas e terapéuticas para familias.
No mesmo se abarcaron estratexias de identificación e prevención do estrés asociado aos coidados xunto con aplicacións prácticas de técnicas de relaxación.
El obradoiro foi no Centro de Atención Integral ás Demencias de Martínez Garrido. Asistiron 12 persoas entre coidadores e familiares de persoas con demencia.
Estivo impartido por Maxi Rodríguez (Psicóloga Sanitaria en AFAGA Alzheimer) e Vanesa López (Fisioterapeuta en AFAGA Alzheimer).
O próximo obradoiro práctico será “Activación muscular e estratexias prácticas para a movilización diaria” o 08 de xuño de 2022.
Mentras se seguirán realizando outras actividades dentro do programa:
- O martes 22 de marzo se realizará acharla “Vida activa: estimulación día a día” para traballar estratexias de fomento da autonomía e retardo de dependencias.
- O mércores 30 de marzo terá lugar a charla “Recursos de apoio para acompañar a unha persoa con dependencia” para potenciar a actividade e o benestar físico nas persoas cuidadoras e como estratexia para o manexo de familares.
Moi pronto daremos máis información sobre estas actividades. A continuación deixamos o cartel co programa de Actividades psicoeducativas e terapéuticas para familias 2021-22.