Centro de Salamanca: un centro adicado a persoas con Alzheimer

Salamanca conta xa cun centro específico na atención ás persoas con demencia, é dicir, a perda progresiva das funcións cognitivas, que nun 70% dos casos está provocado polo  Alzheimer.

A Lei de Dependencia introduce en España o dereito das persoas que non poden valerse por si mesmas a recibir a atención necesaria por parte da Administración pública. Con este espíritu nacen os Centros de Referencia Estatal, entre eles o de Salamanca.

O  centro nace cunha dobre misión: a atención especializada a persoas que padecen a enfermidade e as súas familias; e o impulso e promoción da investigación e da formación de coidadores e de profesionais do sector.

Asimesmo se ofrece un módulo de respiro familiar, na que o fin  é que os familiares poidan descansar durante uns días.  O Alzheimer é unha enfermidade que require atención durante as 24 horas do día, e  suele xerar nos coidadores fatiga e estrés.

Un centro de investigación

En canto á investigación e formación, a dirección do centro  iniciou  a investigación en modelos de intervención social. Seu obxcetivo é favorecer a atención integral ós pacientes e as súas familias a través de cursos de formación e tratamentos.

Ademáis, xa se  creou a escola de coidadores formais (técnicos), informais (familias) e se desenvolven diversas charlas e terapias para coidadores e familias.

Ó ser un centro de referencia nacional, seu obxectivo é tamén colaborar con universidades, asociacións, empresas e centros de investigación, así coma cós servizos sociais das Comunidades Autónomas, para que o intercambio de experiencias permita que a atención ós pacientes se perfeccione.

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago