O Alzheimer,…

Enfermidade con nome alemán,
Debe ser por iso que non lembro,…
Tampoco lembro o meu nome,
Nin que comín hoxe,… pero gustome, ¿non si?
¿Ou non comín? Teño fame;
Non almorcei nin comín… Debe ser horas ¿ou non?
Este alemán do inferno, din que fai secar as neuronas,
Iso que temos nos miolos,...

Isto deben ser da fame que pasei de cativa;
Unha sardiña para tres e pan de landras.
Iamos as festas descalzas
Para non romper as zapatillas,
Puñámolas ó chegar; sempre estaban novas.
¿Ónde están os cartos?
Quero mercar uns zapatos e mais rosquillas;
Quero mollalas en viño.
Teño fame ¿ou non?
¿Onde están os meus recordos?
¿Ónde están os meus irmán
s?
Xa morreron, senón ¿Por qué non veñen?
A miña nai, ¿por qué non me da bicos?
A nena vai cair no charco.
As ovellas hai que levalas á corte.
Nena, a cociña non tira e hai una empanada no forno.
Déxame ir, teño a casa aberta,…
O peixe vaise queimar.
Nena, nena, baixame deiquí que teño que ir,…
Que se me queima, que se me queima.

...
Alzheimer:
    Esquecemento,
    morte das neuronas,
    soedade, tristura, inquedanza,
    ciúmes, agrsesividade,
    abatimento,…

Isto é moito para unha soa persoa...
Non puido contigo o traballo
Que era dende que saía o sol ata que se agacahaba.
Non puido contigo o sol de maio que abrasaba na feira,
Nin a neve, nin o frío dequeles invernos
Que duraban,… ¡quen sabe canto!
E chegou este condenado Alzheimer,
E deixome sin folgos, sin von, sin recordos,
Miña naiciña, …

 

Sentimentos dunha paciente de Alzheimer e da súa filla e cuidadora Mª Luisa Sierpes

 

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago