Afaga e o Sergas forman coidadores de enfermos de Alzheimer e outras demencias
Venres, 01 de Xuño de 2012

É a primeira vez que AFAGA organiza estes cursos en colaboración coa Escola Galega de Saúde.
A formación, que se desenvolve no Hospital Nicolás Peña de Vigo, divídese en cinco módulos e diríxese a familiares e coidadores informais.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) e a Escola Galega de Saúde, pertencente ao Sergas, organizan os cursos para familiares e coidadores que comezaron o pasado 31 de maio.
Co obxectivo de ofrecer pautas básicas e nocións imprescindibles para o coidado e a atención ás persoas que padecen unha enfermidade neurodexenerativa, as charlas que acollerá o curso abordarán temas como ‘Coidados básicos de Enfermaría’, ‘Psicoestimulación en demencias’ ou ‘Aspectos legais do Testamento Vital’.
O primeiro módulo, co que comezou o curso, divídese en dúas partes: ‘Alzheimer e outras demencias’ e ‘Síntomas psicolóxicos e conductuales nas demencias’, ambos os dous impartidos por profesionais do Sergas.
A formación divídese en cinco módulos e impartiranse todos os xoves pola tarde ata o 28 de xuño.










