Formación

Ana Alonso. Educadora Social
En AFAGA entendemos a formación como un dos aspectos clave para enfocar a atención ós enfermos e enfermas de Alzheimer e outras demencias.
Por un lado cando unha familia enfróntase por primeira vez cun diagnóstico de Alzheimer nun dos seus membros, necesita aprender a vivir cunha enfermidade que pode ser longa e que, seguro, será penosa de soportar.
Pero, por outro lado, tamén un profesional da saúde ou do coidado de persoas dependentes necesita coñecer as especiais características do trato a un paciente con demencia.
AFAGA organiza cursos e talleres para que a actuación duns e outros incorpore todo o coñecemento actual, froito da experiencia de 16 anos de intervención neste campo.










