A XVI edición das Xornadas Profesionais de Afaga comezan esta tarde, ás 19:00 horas na Sede de Afundación en Vigo.

Carlos Spuch, Doutor en Neurociencias e investigador do IIS Galicia Sur, abrirá o evento coa conferencia ‘Actualización en diagnóstico e patróns diana na investigación das demencias’. Nela analizará cuestións tan importantes como a necesidade urxente de diagnósticos correctos.

“Isto vainos a permitir facer dúas cousas, –explica Spuch- por unha banda, se identificamos a esta poboación que ten a enfermidade, pero aínda non ten dano cerebral grave poderán ter altas probabilidades de que fármacos experimentais poidan funcionar (un cerebro que está nos primeiros estadíos ten mecanismos propios que lle permiten recuperarse e rexenerarse). E, doutra banda, o diagnóstico cedo permitiría modificar os nosos hábitos de vida cara a uns máis saudables que permitirían atrasar a enfermidade e, por que non, detela se se intervén a tempo”

Ademais disto, as xornadas abordarán outras cuestións como o desenvolvemento de programas de Educación Emocional dirixidos a coidadores, o proceso do duelo, ou a importancia do voluntariado nas intervencións e traballo con colectivos vulnerables.

E a conferencia de clausura leva por título: Percepción da dor en persoas con alteracións cognitivas’, un tema igual de interesante que controvertido.

O programa é o seguinte:

Jornadas Profesionales

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

24 − 21 =