Foto Ivan

Iván Rarís, responsable do Departamento Xurídico.

O pasado día 1 de decembro de 2014 púxose en marcha o Departamento de Asesoramento Xurídico de Afaga, un servizo que nace coa finalidade principal de dar soporte en aspectos xurídicos relevantes a familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias, así como ao propio enfermo.

Afaga é consciente de que os aspectos xurídicos relacionados co Alzheimer e outras demencias se converten, en ocasións, nunha fonte de preocupación para as familias. Así pois, numerosos son os trámites legais e administrativos aos que deben facer fronte as familias, entre os cales destacan: a solicitude da declaración de incapacidade; a solicitude de medidas preventivas de protección; a solicitude de tutela ou outras formas de protección; o asesoramento relativo a cuestións de carácter patrimonial tales como herdanzas e sucesións, entre outros.

Coa posta en marcha deste servizo preténdese, polo tanto, dar asesoramento especializado ás familias nos trámites sinalados anteriormente, así como en calquera outras cuestións de carácter legal que poida relacionarse coa enfermidade.

O devandito servizo será accesible aos socios por medio dunha cita previa que se pode concertar a través das canles de contacto habituais da asociación:

  • Teléfono: 986 22 97 97. Extensión: 7
  • E-mail: d.juridico@afaga.com
  • Persoa de contacto: Iván Rarís