DSCF1146

Logo do diagnóstico dunha demencia neurodexenerativa, a persoa comeza un camiño onde estimular as súas capacidades, o que significa manter a súa autonomía por máis tempo.

Para iso, Afaga está a desenvolver o Programa Obradoiros de Estimulación Cognitivo-funcional co que se pretende manter as habilidades, coñecementos e condutas que aínda posúen, utilizando para iso técnicas dirixidas ao adestramento nas actividades da vida diaria (AVD), orientación á realidade, estimulación cognitiva e estimulación funcional. Todo iso concrétase realizando actividades adaptadas tanto ás capacidades xerais do grupo como ás que se presenten de forma individual.

Na actualidade, existen 8 grupos (4 asisten en horario de tarde e 4 en horario matinal). Cada grupo está composto como máximo por 10 persoas. As persoas participantes acoden 2 días á semana, 2horas e 45 minutos por día.

Os grupos están diferenciados segundo nivel de deterioro.

Acceso:

  • Entrevista coa Traballadora Social.
  • Avaliación Cognitivo-funcional da persoa enferma realizada por Psicóloga e Terapeuta Ocupacional.

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Teléfono: 986 22 97 97. Extensión: 1
  • E-mail: diana@afaga.com
  • Persoa de contacto: Diana Rodríguez