MAXI 2015

Maxi Rodríguez Fernández, psicóloga AFAGA.

Dende o servizo de Atención Psicolóxica ofrecemos apoio para coidadores familiares de persoas con Alzheimer ou outra demencias; para a prevención e manexo de posibles alteracións físicas, psicolóxicas e sociais, derivadas das tarefas de coidado.O servizo inclúe, unha serie de accións destinadas a acompañar no transcurso da enfermidade:

  • Ofrecer soporte emocional ao familiar tras o diagnóstico e ao longo da evolución da enfermidade.
  • Potenciar a aceptación e o óptimo afrontamento da enfermidade.
  • Fomentar o autocoidado.
  • Tratar os conflitos e modificar as condutas desadaptativas.
  • Previr as alteracións psicolóxicas prexudiciais, propoñendo respostas alternativas e compatibles co coidado do enfermo.
  • Manexar as emocións negativas e os estados de sobrecarga xurdidas froito do coidado do enfermo.
  • Identificar o momento actual da enfermidade no seu familiar e as características que presenta, para fomentar que o familiar entenda a “enfermidade” e ao seu “enfermo”, e actúe da forma máis axeitada ante as devanditas características.
  • Fomentar habilidades de comunicación, organización de coidados e traballo en equipo no ámbito familiar de coidados do enfermo.
  • Acompañar en procesos de duelo.

Tipos de Atención:

  • Individual
  • Unidade Familiar
  • Grupos psicoeducativos de Coidadores Familiares.

Forma de entrada no programa:

  • Dende o programa de Acollida (Traballadora Social).
  • Derivación interna doutros programas de AFAGA.
  • A petición propia.

Máis información:

Proxecto de Atención Psicolóxica Integral

Contacta coa nosa psicóloga a través de Skype. É necesario pedir cita previa por teléfono ou a través do e-mail.

Conta de Skype: maxi@afaga.com