imagen Coordinadora do Programa

Marina R. Coordinadora do Programa de Atención a Domicilio.

O Programa de atención a domicilio púxose en marcha para ofrecer axuda e apoio aos familiares coidadores no domicilio e para favorecer o mantemento do enfermo no seu ámbito o maior tempo posible. A asociación ofrece varios tipos de apoio no fogar:

1. SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO (SAD)

Dedícase principalmente ao aseo e coidados de atención persoal da persoa enferma aínda que, entre as súas labores, a auxiliar ten tamén a formación en coidados das persoas responsables dos coidados. Este é un servizo que se presta en de luns a venres en horario de mañás.

2. SERVIZO DE RESPIRO “SÁBADOS ESPORÁDICOS”

A diferenza co anterior servizo é que se presta os sábados en horario continuado entre 4 e 6 horas seguidas (facilitando desta maneira que o familiar poida gozar dun breve período de descanso).

3. SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO RESPIRO
Continúa co criterio inicial de prestación de servizo, neste caso de luns a venres en horario de tarde e coa finalidade de dar unhas horas libres aos familiares para que poidan realizar actividades puntuais que antes non podían levar a cabo por estar a cargo dunha persoa con Alzheimer ou outra demencia.

4. FISIOTERAPIA A DOMICILIO

Na fase avanzada da enfermidade aparecen síntomas de deterioro da capacidade motora dos enfermos. Por iso se puxo en marcha un programa de fisioterapia co que se intenta contrarrestar a redución progresiva da mobilidade, reducir a posibilidade de que se produza anquiloses ou rixidez extrema das articulacións así como dotar de coñecementos prácticos aos familiares/coidadores que lles permitan realizar exercicios co seu enfermo sen que iso supoña un risco para ambos.

Preténdese conseguir así, aliviar as molestias que orixina dita rixidez muscular e prolongar a autonomía do enfermo, incrementando, en definitiva, a súa calidade de vida.

Unha vez detectada a necesidade do servizo a través da pertinente valoración do fisioterapeuta e da traballadora social, iníciase a prestación do servizo. O fisioterapeuta acude dúas veces por semana ó domicilio familiar onde leva a cabo co enfermo os exercicios adecuados segundo a evolución da enfermidade en cada caso que permitan mitigar os síntomas antes comentados.

A duración máxima de cada sesión é de 1 hora

Máis información:

  • Teléfono: 986 22 97 97
  • E-mail: marina@afaga.com
  • Persoa de contacto: Marina Requejo