Cultiva a Mente

Promover o envellecemento activo e previr a deterioración cognitiva son os principais obxectivos do taller ‘Cultiva a Mente’, que Afaga impartirá na Asociación de Viúvas Demócratas de Vigo ( AVDV).

Cultiva a Mente

O pasado venres tivo lugar a presentación este taller na Parroquia Capuchinos de Vigo, acto no que estiveron presentes Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, Carmen Rodal, presidenta da Asociación AVDV, o Pai Faustino, párroco dos Agustinos, e Gonzalo Soliño, psicólogo de Afaga e coordinador do taller.

Cultiva a Mente

Cultiva a Mente impártese desde hai varios anos no Centro de Atención Integral de Afaga en Vigo, e agora esta iniciativa desprázase para levar esta iniciativa a outros colectivos. As clases terán lugar todos os venres pola tarde nunha aula cedida pola parroquia dos Capuchinos.

Cultiva a Mente

O taller “Cultiva a Mente” xurdiu un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional. Está deseñado como un taller de metacognición, no que se realizan exercicios de estimulación cognitiva. O perfil dos usuarios son persoas maiores de 55 anos sen deterioración cognitiva, pero que empezan a ter descoidos ou esquecementos, e que queren manter a súa mente activa.

Cultiva a Mente

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

34 − 26 =