Entra a formar parte da nosa asociación para apoiar as persoas que padecen enfermidades neurodexenerativas.

Afaga Alzheimer é unha entidade sen ánimo de lucro. Foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de alzhéimer e outras demencias e os seus familiares. Na nosa asociación ofrecemos información, asesoramento e orientación a todas as persoas que o demanden.

A nosa principal ‘Misión’ é: “A defensa dos dereitos das persoas con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa e dos seus familiares, prestando servizos especializados e de prevención, así como desenvolvendo actividades de sensibilización social”

Recorda que coa túa axuda contribúes a mellorar o seu benestar.

Descargar o tríptico de socios

tríptico afaga 2015-1