Voluntariado

Lorena Costas, coordinadora do Programa de Voluntariado.

Os voluntarios/as de AFAGA realizan un importante labor de apoio e acompañamento ás persoas que sofren algunha enfermidade neurodexenerativa. Entre as principais tarefas que leva a cabo o equipo de voluntariado da asociación destacan:

  •  Proporcionar compañía e apoio emocional.
  •  Ofrecer información xeral sobre a Asociación.
  •  Acompañamento para pasear.
  •  Charlar cos usuarios e/ou familiares.
  •  Acompañar ao enfermo para proporcionar respiro ao coidador.
  •  Actividades grupais dentro da Asociación
  •  Acompañamento en excursións e convivencias.
  •  Colaborar nos diferentes programas organizadas pola asociación.
  •  Participar nas actividades programadas con obxecto de recadar fondos para a Asociación.
  •  Participar nas festas organizadas pola Asociación.
  •  Participar nos encontros interxeneracionales (familiares, enfermos e voluntarios)